Internet Galicia dominios desenrolo webPosicionamento Web

Internet Galicia ofrece servizos de altas en directorios e buscadores, así como de consultoría dirixida a mellorar a accesibilidade das páxinas web de cara ós buscadores. Solucións de visibilidade que se traducen nun bo posicionamento. O obxectivo é lograr a mellor promoción para as páxinas web, acadando as primeiras posicións en Google, Terra, Yahoo, MSN, etc., que poidan atraer as visitas máis relevantes cara a cada web.
       
Acceder ás primeiras posicións dos buscadores fai que calquera negocio en Internet sexa máis rendible, mellorando os beneficios, e maximizando o número de visitas e vendas.

Internet Galicia ofrécelle de momento este servizo só ás webs que estean aloxadas nos nosos servidores e de xeito gratuíto.

Solucións de Visibilidade

O traballo que se realiza está baseado en estratexias para facer unha páxina web máis doada de atopar en Internet, acadar as primeiras posicións nos buscadores, lograr máis visitas, ¡ter máis clientes!.

Internet Galicia está especializada na promoción de páxinas en Google, proporcionando axeitadas solucións a todas as necesidades, acadando primeiras posicións nos buscadores de interese xeral na actualidade, entre eles Google, Yahoo e MSN.
Posicionar unha web nun buscador como Google pode proporcionar grandes beneficios, xa que a presenza en Internet verase incrementada notablemente, logrando boas posicións grazas ós nosos sistemas de promoción. A mellora de posicións dunha web atraerá hacia ela visitas interesadas e interesantes, un fluxo continuo de novos clientes que axudarán a que aumente o rendemento do seu negocio na Rede. Facemos de pequenas empresas grandes negocios en Internet.

Posicionamento en Google.

Ó día de hoxe, posicionar webs en Google é o mellor método de promoción en Internet, a forma máis doada de rendibilizar a súa web en Internet. A visibilidade que lle pode proporcionar ser o primeiro en Google por búsquedas do seu interese, fai que o posicionamento web sexa a mellor FORMA DE PROMOCIÓN.

Conseguir boas posicións é un proceso lento e custoso na gran maioría das ocasións.

Posicionar unha web nos buscadores non é algo tan simple como engadir unhas etiquetas Metas e pagar por un sistema de inclusión en 1.000 directorios e buscadores. A primeira posición, aínda sendo o obxectivo, non sempre se pode lograr, pero si un aumento notable de visibilidade, a mellora das visitas e das posicións, por moitas e moi variadas combinacións de búsca.

Páxinas webs accesibles

Unha programación web orientada ó usuario e ó posicionamento en buscadores ten como resultado unha promoción web efectiva. Consiga unha programación de páxinas web sinxela, cun posicionamento web espectacular, nos primeiros lugares dos buscadores. Con isto logrará rendibilizar o seu investimento, conseguindo un número de visitas diarias sorprendentes, interesadas na súa páxina web, o que lle proporcionará un gran incremento de clientes.

O posicionamento de calquera páxina web en Google e outros buscadores, co obxectivo de alcanzar primeiras posicións, é un proceso lento, que pode levar entre 4 e 8 meses, sendo recomendable ata un ano ou períodos de tempo máis longos nos casos máis complexos.

promocione a súa empresa Escaparate Galego
Promocione a súa Empresa
2,5€  
Promocione os seus productos máis destacados nun escaparate virtual único.
copia de seguridade Copia de Seguridade
Copia de seguridade da súa web
2,5€  
¿Non lle gustaría ter dúas portas e dous escaparates no seu negocio?.
servizos de telefonia telecomunicacións Telecomunicacións
Telefonía e Banda Ancha
5€  
Servizos avanzados: Voz IP, acceso
a internet, conexións cable, satélite. etc...
Atención Telefónica ó cliente
(0034) 902 19 03 87
Galicia Digital
Atención ó cliente
Contacto