Un "Banner publicitario" é unha imaxe, rótulo ou anuncio coa publicidade da súa empresa ou produto, que aparece estático ou con animación, e se inserta nas páxinas de www.galiciadigital.com ou nalgún dos outros 22 portais temáticos da Plataforma, e a través del pode enlazarse coa súa páxina web, posibilitando que os visitantes de G.D. se convirtan nos seus futuros clientes.
Ter unha web significa abrirse a un novo mercado. Para conseguilo ó mínimo custo e promociona-las páxinas aloxadas, poñeremos a rodar unha base de datos de banners dando entrada nela a outras páxinas para estendelas por todo o mundo neste gran escaparate. Ó darse de alta, escollerán unha categoría para a súa web, o que indica que outros banners cos mesmos produtos non aparecerán na súa web, e viceversa.
Darse a coñecer en Internet é prioritario para conseguir abrir novas portas ó seu negocio. Internet Galicia ofrécelle a posibilidade de entrar nunha roda de banners por 5,5€ ó mes.
O mellor xeito de darse a coñecer en Internet é a publicidade do medio. Internet Galicia ofrécelle unha roda de banners con máis de 20 portais temáticos dentro da plataforma de información Galicia Digital. Deste xeito pode conseguir que o seu banner sexa visto por miles de visitantes cada día.
O envío de correo comercial é cada vez máis complicado ó poder ser considerado como Spam (correo non desexado) e podéndose producir unha denuncia por parte do receptor. Por este motivo, e para poder intensificar o comercio, poñemos a rodar esta base de datos da que, co consentimento dos participantes, todos somos receptores e emisores. E co noso control, e dando as mesmas posibilidades a todos, editaremos un boletín semanal, con comunicados, noticias e ofertas dos participantes no que (segundo a oferta) cada participante poida incluír alomenos unha ó mes.
Para calquera clase de patrocinio, pode poñerse en contacto connosco, xa que cada portal ou apartado ten unhas características diferentes.