Usted está aquí

Lugopoética 2026 vaise celebrar no primeiro semestre de 2026 co apoio da UNED Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria e Brandán Comunicación.

Serán 6 encontros de “parellas poéticas”, e o desenvolvemento será como o das anteriores ediciones (2024 e 2025): Os encontros faranse cara ao público na sede lucense da UNED, serán gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por Internet.

Serán sesións públicas de máis de unha hora de duración, coordinadas por Xosé Carlos Ulloa, cada unha cun “contraste” entre creadores, selección do máis destacado da obra de cada poeta, lectura desas obras e xuízo mutuo.

Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección de obras dos poetas participantes.

LUGOPOÉTICA naceu en 2024 con vocación de continuidade, e esta terceira edición pretende continuar con estes encontros que reflicten a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.

Este ano contaremos coa participación de Diana Varela Puñal, Chelo Gayoso Díaz, Sonia Arias López, Elena Pérez López, Xosé Lois García, Ramón Rodríguez Porto, Martiño Maseda Lozano, Beatriz López Dourado, Eduardo Carreira López, Ánxela Gracián, Ana Mar Fraga Rábade e Montse González Álvarez.

CLIENTES


Algunos de los clientes que han confiado en nosotros